{| style="float: right;"
| __TOC__
|}

==Identificarse e pechar a sesión sesión==
Unha vez [[Creación e eliminación dunha conta en Twitter|rexistrada a conta]], identificarse en Twitter é tan doado como ir a [http://twitter.com/ twitter.com] e premer no botón azul claro da parte superior dereita que di «''Sign in''». A continuación teremos que introducir o noso nome de usuario ou correo electrónico seguido do noso contrasinal de Twitter ─coidado de non poñer o do correo electrónico─, e unha vez introducidos premer o botón azul claro a continuación que di «''Sign in''».

{| align=center
|[[Imagen:Iniciar sesión en Twitter.png]]
|[[Imagen:Iniciar sesión en Twitter 2.png]]
|}

Cada vez que rematemos de usar Twitter deberemos “pechar a sesión” por motivos de seguridade. Para facelo abonda con premer en «'''''Usuario''''' → ''Cerrar sesión''».

[[Imagen:Menú de usuario.png|center]]

==Interface==
A interface de Twitter, como a propia rede social de por si, é sinxelo de entender. O seu único elemento fixo é a barra superior, que está formada polos seguintes elementos:

[[Imagen:Barra de Twitter.png|center|480px]]

;Logotipo
:O logotipo de Twitter liga [[#Inicio|á nosa páxina principal]], é dicir, aquela á que accedemos nada máis identificarnos no sitio e á que podemos acceder tamén dende o «Inicio» que aparece tamén na barra superior.

;''Buscar''
:A caixa de texto que hai á dereita do logotipo é a caixa de busca. Ao introducir un criterio de busca e premer {{Tecla|Intro}} ou o botón da dereita que semella unha lupa, accederemos á [[#Buscar|páxina de busca]], na que aparecerán os resultados obtidos [[#Buscar mensaxes|buscando entre as mensaxes]] de todos os usuarios ─algo que poderemos cambiar dende a propia páxina─.

;''Inicio''
:Isto liga á [[#Inicio|páxina de inicio]].

;''Perfil''
:Isto liga ao [[#Inicio|perfil]].

;''Mensajes''
:Isto liga á [[#Mensaxes privadas|páxina das nosas mensaxes privadas]].

;Caixa para escribir unha mensaxe
:Premendo a pequena icona que consiste nos bordos brancos dun cadrado cun lapis ou bolígrafo de cor azul en diagonal, provocaremos que apareza en medio do ''navegador web'' unha caixa de texto mediante a cal poderemos [[#Escribir unha mensaxe|escribir e publicar unha mensaxe]].

;''Usuario''
:Ao premer neste último elemento da barra superior da interface de Twitter ─que terá por texto o noso nome de usuario─, teremos acceso a unha serie de menús que aparecerán baixo el.

:;''Configuración''
::Liga á [[#Configuración|páxina de configuración]].

:;''Ayuda''
::Liga á páxina de axuda oficial de Twitter, un bo recurso se algún tema non está explicado neste manual. De todos xeitos, hai que ter sempre en conta ao consultar dita axuda que se ben non hai ninguén mellor que o propio equipo de Twitter para ofrecer axuda técnica do seu sitio, no que respecta aos criterios de seguridade e protección da intimidade sempre é mellor seguir os consellos desta ou outras guías especializadas.

:;''A quien seguir''
::Liga á [[#Buscar xente|páxina de buscar xente]], concretamente á sección das suxestións automáticas de usuarios que poderían resultarnos de interese.

:;''Cerrar sesión''
::Isto permite desconectarse do sitio web de Twitter con seguridade, e debe premerse sempre que se vaia saír do sitio.

==Páxinas==
Estas son algunhas das páxinas de Twitter. Outras veranse en máis detalle nas súas respectivas seccións máis adiante.

===''Inicio''===
A páxina de inicio é a páxina dedicada ao que lle interesa ao usuario, é dicir, a nós.

[[Imagen:Páxina de inicio de Twitter.png|center|480px]]

No '''panel esquerdo''' poderemos ver de primeiras as mensaxes deixadas en Twitter polos usuarios [[#Seguir xente|aos que esteamos a seguir]]. Mediante as outras lapelas que aparecen na parte superior de dita columna, poderemos pasar desta lista ─''Cronología''─ a outras:

;''@Menciones''
:Premendo nesta lapela, o panel pasará a amosar aquelas mensaxes nas que se nos fixo mención. Máis adiante verase como [[#Mencionar xente|mencionar a outros nas nosas mensaxes]].

[[Imagen:@Menciones.png|center|480px]]

;''Retweets''
:Nesta lapela teremos tres opcións: (1) '''''Retweets de otros''''', as mensaxes que [[#Repetir unha mensaxe|repetiron]] os usuarios aos que esteamos a seguir, (2) '''''Tus Retweets''''', as mensaxes que repetimos nós mesmos, e (3) '''''Tus Tweets, retweeteados''''', aquelas mensaxes que publicamos nós e que outros repetiron.

;''Búsquedas''
:Aquí poderemos ver as mensaxes que resulten das buscas que gardásemos previamente. Ao premer na lapela poderemos escoller unha de ditas buscas e visualizar os resultados. Máis adiante veremos como [[#Gardar buscar|gardar buscar]] para logo poder ver facilmente os seus resultados dende a páxina de inicio.

;''Listas''
:De xeito similar a como ocorre coas buscar, ao premer na lapela listaranse os nomes das listas de usuarios que teñamos, e ao escoller unha visualizaremos as mensaxes dos usuarios que estean en dita lista. Máis adiante veremos en profundidade [[#Listas|en que consisten as listas e como manexalas]].

Na parte superior do panel esquerdo hai ademais unha caixa de introdución de texto baixo o título «''¿Qué está pasando?''». Mediante esta caixa poderemos publicar mensaxes en Twitter, tal e como veremos [[#Escribir unha mensaxe|na sección correspondente]].

[[Imagen:¿Qué está pasando? ─ Twitter.png|center|480px]]

Agora miremos para o '''panel dereito'''. A primeira sección daranos unha serie de información básica, como a cantidade de mensaxes que publicamos persoalmente, a nosa última mensaxe publicada, os usuarios que están a seguir as nosas mensaxes e mailos usuarios cuxas mensaxes estamos a seguir. Ademais fornece dúas ligazóns para axudarnos a [[#Buscar xente|atopar xente]].

Se acabamos de crear unha conta nova, haberá unha sección a continuación da primeira baixo o título de «''¿Qué sigue?''» que nos fornecerá ligazóns de interese á hora de descubrir Twitter. Pero dado que xa temos unha fantástica guía nas nosas mans, obviaremos esa sección.

A seguinte sección contén dúas listas.

A primeira lista é a dos temas máis comentados nas mensaxes de Twitter en todo o mundo ─''Globales''─. Premendo en «''cambiar''» poderemos cambiar iso. Por exemplo, en vez de «''Wordwide''» (global) podemos escoller «''Spain''» para ver a lista de termos máis comentados nas mensaxes de usuarios españois.

[[Imagen:Temas del momento ─ Twitter.png|center|480px]]

A segunda lista está composta de xente que, segundo Twitter, poderiamos estar interesados en seguir. Se ningunha das catro opcións que se amosan nos convence, sempre poderemos premer na ligazón que aparece baixo a lista e que di «''Refrescar recomendaciones''», o que fará que se recargue a lista con outras catro recomendacións distintas.

Na última sección do panel dereito veñen unha serie de ligazóns que non imos ver, máis que nada porque o contido que tocan xa se verá máis adiante nesta guía, todo ao seu debido tempo.

===''Perfil''===
A páxina do perfil é basicamente como a de inicio, pero en vez de estar enfocada no que nos interesa ver a nós, está centrada naquilo que outros ven de nós. Así podemos ter unha idea da nosa “imaxe pública” en Twitter.

[[Imagen:Perfil ─ Twitter.png|center|480px]]

No panel esquerdo, ademais da nosa foto ─se é que temos unha─, o noso nome e mailo noso alcume de Twitter, temos de novo unha lista de mensaxes con lapelas para filtrar o seu contido.

;''Cronología''
:Nesta páxina, ao contrario que no [[#Inicio|''Inicio'']], amosará as mensaxes escritas por nós.

;''Favoritos''
:Esta lapela permitiranos ver as mensaxes que [[#Marcar mensaxes coma favoritas|marcásemos coma favoritas]].

;''Siguiendo''
:Nesta lapela poderemos ver a xente á que estamos seguindo.

;''Seguidores''
:Nestoutra lapela poderemos ver a aquelas persoas que nos seguen a nós.

;''Listas''
:Por último, a lapela de listas daranos a opción de ver as listas nas que están incluídas as nosas mensaxes, e tamén nos permitirá [[#Crear unha lista|crear unha lista]].

O panel dereito non cambia case nada con respecto ao da páxina de inicio. O único que ao principio aparece a cantidade de mensaxes nosas, usuarios os que seguimos, usuarios que nos seguen e listas nas que estamos incluídos.

==Configuración==
Antes de comezar a usar Twitter e unha vez configurada a parte da conta relativa á intimidade, non está de máis botar unha ollada ao resto de aspectos da configuración. Lembremos que para acceder á configuración o podemos facer dende a barra de menú superior, «'''''Usuario''''' → Configuración».

[[Imagen:Menú de usuario.png|center]]

A páxina de configuración conta coas seguintes lapelas:

===''Cuenta''===
Dende esta lapela poderemos realizar unha serie de axustes xerais sobre a nosa conta. Poderemos cambiar:
*o noso nome de usuario,
*o noso correo electrónico,
*a lingua na que queremos empregar Twitter ─non teñen moito onde elixir, conste─, ou
*o noso fuso horario ─«GMT +01:00» de vivir en Galicia─.

Dos outros tres apartados, dous ─«''Ubicación de tweet''» e «''Privacidad de tweet''»─ xa os vimos na páxina sobre [[Configuración da intimidade en Twitter|como configurar Twitter de maneira segura]]. Con respecto ao outro, «''Tweet Media''», activalo non supón risco ningún para a nosa intimidade, e certamente supón unha mellora na funcionalidade (dado que poderemos ver os vídeos e imaxes das mensaxes públicas de Twitter), así que probablemente o mellor sexa activalo, aínda que queda completamente en mans do usuario.

Antes de deixar esta lapela, se fixo cambios lembre premer ao final da páxina no botón de «''Guardar''».

===''Contraseña''===

===''Móvil''===

===''Avisos''===

===Configuración do perfil===

===''Diseño''===

==Buscar==

===Buscar mensaxes===

===Buscar xente===

===Gardar buscas===

==Xente==

===Seguir xente===

===Deixar de seguir xente===

===Bloquear xente===

==Mensaxes==

===Escribir unha mensaxe===

===Contestar unha mensaxe===

===Repetir unha mensaxe===

===Mencionar xente===

===Mencionar listas===

===Compartir imaxes ou vídeos===

===Etiquetar unha mensaxe===

===Borrar unha mensaxe===
As mensaxes escritas en Twitter non poden modificarse, pero si que poden borrarse.

==Mensaxes privadas==

===Enviar mensaxes privadas===

==Mensaxes favoritas==

===Marcar mensaxes coma favoritas===

===Ver as mensaxes favoritas===

===Borrar as mensaxes favoritas===

==Listas==

===Crear unha lista===

===Engadir e borrar xente dunha lista===

===Ver unha lista===

===Modificar ou borrar unha lista===

===Seguir listas de terceiros===

==Outros==

===Compartir mensaxes públicas fóra de Twitter===

===Tendencias===

----
Autor: [[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]] 19:53 9 oct 2010 (UTC)

[[Categoría:As redes sociais e a seguranza persoal ─ Twitter]]
